Cover Photo

FreeCAD

O teu propio modelador paramétrico 3D

Screenshot 1

Liberdade para construír o que queiras

FreeCAD é un modelador 3D paramétrico de código aberto feito principalmente para deseñar obxectos da vida real de calquera tamaño. O modelado paramétrico permíteche modificar doadamente o teu deseño volvendo ao histórico do modelado e trocando os parámetros.

Screenshot 7

Crear 3D dende 2D e ao revés

FreeCAD permite esbozar xeometrías constrinxidas a formas 2D e usalas como base para construír outros obxectos. Contén moitos compoñentes para axustar as dimensións ou extraer detalles do deseño dende modelos 3D para crear debuxos de alta calidade listos para a produción.

Screenshot 3

Accesible, flexible e integrado

FreeCAD é un software multiplataforma (Windows, Mac e GNU/Linux), altamente personalizable e extensible. Le e escribe moitos formatos de ficheiro abertos como STEP, IGES, STL, SVG, DXF, OBJ, IFC, DAE e moitos outros, facendo posible integralo perfectamente no seu fluxo de traballo.

Screenshot 8

Deseñado para as túas necesidades

FreeCAD está deseñado para adaptarse a un amplo uso incluíndo deseño de produto, enxeñería mecánica e arquitectura. Tanto se es afeccionado/a, programador/a, usuario/a experimentado/a de CAD, estudante ou mestre/a, podes sentirte como na casa con FreeCAD.

Screenshot 5

E moitas máis grandes características

FreeCAD equípate con tódalas ferramentas que poidas necesitar. Tes modernas ferramentas de Análise de Elementos Finitos (FEA), CFD experimental, BIM dedicado, bancos de traballo de xeodatos ou CAM/CNC, un módulo de simulación de robots que permite estudar os movementos do robot e moitas máis características. FreeCAD é realmente unha navalla suíza de ferramentas para enxeñería de uso xeral.

Saber máis
Screenshot 6

Queres contribuír con FreeCAD?

FreeCAD é certamente un proxecto de código aberto e se che gustaría axudar a solucionar erros, implementar novas características ou traballar na documentación, invitámoste a unirte a nós e crear software que beneficia a toda a comunidade.

Participa